DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2025 Páx. 31866

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, de varios postos vacantes de supervisor/a de unidade de enfermaría.

Mediante Resolución do 13 de novembro de 2024 (DOG núm. 225, do 21 de novembro) convocáronse para a súa provisión, polo procedemento de concurso de méritos, varios postos vacantes de supervisor/a de unidade de enfermaría nos distintos hospitais da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo da actuación da Comisión de Avaliación á que se fai referencia na base sexta, e á vista dos méritos achegados e da defensa do proxecto técnico de xestión polos/as aspirantes, que constan nas actas da devandita Comisión.

Esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio (DOG núm. 101, do 27 de maio), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do sistema público de saúde de Galicia,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos vacantes de supervisor/a de unidade de enfermaría nos distintos hospitais da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Segundo. Adxudicar os postos de traballo convocados aos/as aspirantes que obtiveron a maior puntuación, nos termos previstos no anexo desta resolución e declarar deserta, por falta de concorrencia de aspirantes, a convocatoria do posto vacante de supervisor/a de unidade de hospitalización HX6D do Hospital Universitario de Ourense.

Terceiro. Os/as profesionais nomeados/as deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento, de conformidade coa modificación do artigo 30.2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola Xerencia da Área Sanitaria.

O prazo de toma de posesión, e a súa prórroga, terán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Os/as profesionais nomeados/as serán avaliados/as antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento para os efectos de prorrogar o desempeño do posto por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia do interesado/a. A omisión da avaliación non suporá a consideración co nomeamento como definitivo.

Sexto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121, e seguintes, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 29 de maio de 2025

José Santiago Camba Bouzas
Xerente da Área Sanitaria de Ourense,
Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: supervisor/a de Unidade de Servizos Centrais do Hospital Público de Valdeorras.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: Patricia Fernández Gallardo.

DNI (*): ***2901**.

Posto: supervisor/a de Unidade de Garda do Hospital Universitario de Ourense.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: Carlos Andrés Fernández Méndez.

DNI (*): ***4578**.

Posto: supervisor/a de Unidade de Medicina Interna do Hospital Público de Valdeorras.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: Rocío Yebra Novo.

DNI (*): ***2423**.

Posto: supervisor/a de Unidade Cirúrxica do Hospital Público de Verín.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: Ana Belén Abuín Aido.

DNI (*): ***7801**.

Posto: supervisor/a de Unidade de Hospitalización HX3D do Hospital Universitario de Ourense.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: Mónica Alejandre Ojea.

DNI (*): ***9002**.

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de conformidade, coa disposición adicional sétima, da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.