En sesión que tivo lugar o 2 de xuño de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de maio de 2025 (DOG núm. 90, do 13 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo auxiliar da Administración xeral e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 24 de febreiro de 2025 (DOG núm. 48, do 11 de marzo) acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que a proba tipo test da oposición terá lugar o día 5 de xullo de 2025, en chamamento único, que se iniciará ás 9.00 horas, nas aulas 7 e 8 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) sita na rúa de Madrid, nº 2, Santiago de Compostela.
As listaxes coa distribución de persoas aspirantes por aula estarán dispoñibles no portal web corporativo www.xunta.gal/funcion-publica/promocion-especifica
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025
Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal
