DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2025 Páx. 31815

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2025 pola que se dá publicidade á Resolución do 7 de xuño de 2024 pola que se encarga á Sociedade Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., o desenvolvemento, xestión e mantemento de infraestruturas públicas como soporte á dixitalización e desenvolvemento das estratexias de Smart Villages en poboacións rurais, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á Resolución do 7 de xuño de 2024 pola que se encarga á Sociedade Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., o desenvolvemento, xestión e mantemento de infraestruturas públicas como soporte á dixitalización e desenvolvemento das estratexias de Smart Villages en poboacións rurais, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

1. Actividade: execución dun programa de investimentos para o desenvolvemento das infraestruturas públicas necesarias como soporte para o despregamento do equipamento de telecomunicacións para a dixitalización e desenvolvemento de estratexias Smart Villages en núcleos rurais, no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027 en Galicia, incluíndo:

– Execución dos investimentos precisos para a construción das localizacións, incluíndo adecuación de terreos, execución de torres e casetas, acometidas eléctricas e equipamento auxiliar preciso para a súa xestión e posta á disposición dos operadores.

– Xestión das infraestruturas construídas no marco desta actuación durante o período de execución dos investimentos, incluíndo o seu mantemento e explotación.

2. Natureza e alcance da xestión encargada: este encargo ten natureza intrasubxectiva ao ter a sociedade Redes de Telecomunicación Galegas, Retegal, S.A. a consideración de medio propio instrumental e servizo técnico da Administración da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no Decreto 352/2009, do 2 de xullo (DOG nº 140, do 20 de xullo).

3. Prazo de vixencia: desde o 7 de xuño de 2024 ata o 31 de decembro de 2025.

4. Modalidade de Financiamento: esta actuación financiarase con cargo á partida orzamentaria 07.A1.571A.603.0 dos orzamentos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e código de proxecto 2024 00006. Este crédito está cofinanciado nun 60 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 12 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 28 % pola Xunta de Galicia no marco da subintervención 6872_06_ Dixitalización. Smart villages do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027 en Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2025

Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia