O 24.2.2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 37) a Resolución do 10 de febreiro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento AU301C).
O artigo 5 da Resolución do 10.2.2025, citada, establece que as subvencións reguladas ao abeiro desta resolución se financiarán con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por importe de douscentos mil euros (200.000,00 €).
O artigo 6 da Resolución do 10.2.2025 prevé a posibilidade de ampliar o crédito nas circunstancias previstas no artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. A ampliación de crédito queda condicionada á declaración de dispoñibilidade de crédito e, se é o caso, á aprobación da modificación orzamentaria que proceda.
Consonte o exposto, actualmente na aplicación orzamentaria correspondente existe crédito dispoñible polo que se considera oportuno ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente e incrementar o importe total da axuda convocada.
De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,
RESOLVO:
Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario
Ampliar o importe total do crédito das subvencións establecidas na Resolución do 10 de febreiro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento AU301C).
Na seguinte táboa detállase o crédito definitivo
|
Crédito |
Conta financeira |
Importe |
|
Inicial |
6566 (subvencións de capital a corporacións locais) |
200.000,00 € |
|
Ampliación |
6566 (subvencións de capital a corporacións locais) |
333.763,82 € |
|
Total |
533.763,82 € |
|
Esta resolución producirá efectos consonte o previsto no artigo 39.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Disposición adicional segunda da Resolución do 10.2.2025; DOG do 24 de febreiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
