DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2025 Páx. 31900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Edicto do 15 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Picouto dos Corvos, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Ramirás, no concello de Castrelo de Miño.

Advertido un erro no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 25, do luns 3 de febreiro de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:

No sumario, nas páxinas 9163 e 9377, onde di: «Edicto do 15 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Picouto dos Corvos, a favor da comunidade de montes veciñais en man común de Fragoso, no concello de Castrelo de Miño», debe dicir: «Edicto do 15 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Picouto dos Corvos, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Ramirás, no concello de Castrelo de Miño».

No parágrafo terceiro da páxina 9377 e no parágrafo quinto da páxina 9379, onde di: «O Picouto dos Corvos, a favor da comunidade de montes veciñais en man común de Fragoso, no concello de Castrelo de Miño», debe dicir: «O Picouto dos Corvos, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Ramirás, no concello de Castrelo de Miño».

No punto cuarto da páxina 9378, onde di: «Pertenza: CMVMC de Fragoso», debe dicir: «Pertenza: CMVMC de Ramirás».