O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26 de marzo de 2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Portela e Agudelo (Barro), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Portela, presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Portela e a CMVMC de Agudelo, ambas no concello de Barro.
Os montes veciñais en man común (MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Portela (ID: 2455) da CMVMC de Portela.
– MVMC de Agudelo (ID: 2451) da CMVMC de Agudelo.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:
• Acta do apeo do deslindamento do 29.9.2022.
• Acta de conciliación núm. 4/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Barro do 4.4.2023.
• Certificado do 16.4.2024 da secretaria da CMVMC de Portela coa conformidade do presidente da aprobación en asemblea xeral do 18.12.2022.
• Certificado do 2.5.2024 da secretaria da CMVMC de Agudelo coa conformidade do presidente da aprobación en asemblea xeral do 30.10.2022.
• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 29.6.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 740 do COETF de Galicia. A emenda realizada produce a modificación desta.
• Informes de validación gráfica catastral con CSV: 6WXXEXAS3T8P5N0A.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 148 metros, e está composta polos seguintes puntos:
Punto P01 – x: 527.853,10 y: 4.707.781,84
Punto P02 – x: 527.816,63 y: 4.707.774,48
Punto P03 – x: 527.708,79 y: 4.707.801,40
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das comunidades, ambas as comunidades presentan un axuste para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final coa cartografía existente.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Portela e a CMVMC de Agudelo, ambas no concello de Barro, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 16 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial
de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
