O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Vilameán e Barrantes (Tomiño), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 28.9.2022, o presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Vilameán presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Vilameán e a CMVMC de Barrantes ambas no concello de Tomiño.
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Cabaduxo de Pedra Cagalla (ID: 3170 ) da CMVMC de Vilameán.
– MVMC de Pedrada, Castillo e Queimado (ID: 3158) da CMVMC de Barrantes.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 8.9.2022.
– Acta de conciliación núm. 8/2024 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Tomiño do 25.4.2024.
– Certificado do 1.4.2024 do secretario da CMVMC de Vilameán coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 9.9.2022.
– Certificado do 17.1.2024 da secretaria da CMVMC de Barrantes coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 25.3.2023.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 26.4.2024 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado núm. 0292 do COETF de Galicia. As emendas posteriores producen a súa modificación.
– Informes de validación gráfica catastral non se realiza xa que a liña de deslindamento non produce modificacións na cartografía catastral.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.210 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto P_001 - x: 520.284,254 y: 4.653.145,780
Punto P_002 - x: 520.340,174 y: 4.652.819,540
Punto P_003 - x: 520.391,363 y: 4.652.705,876
Punto P_004 - x: 520.412,232 y: 4.652.669,119
Punto P_005 - x: 520.529,089 y: 4.652.434,352
Punto P_006 - x: 520.550,632 y: 4.652.355,445
Punto P_007 - x: 520.558,086 y: 4.652.292,344
Punto P_008 - x: 520,599,624 y: 4.652.114,328
Punto P_009 - x: 520.710,101 y: 4.652.030,931
Punto P_010 - x: 520.731,956 y: 4.652.004,950
Punto P_011 - x: 520.789,147 y: 4.651.909,240
Punto P_012 - x: 520.808,988 y: 4.651.825,117
Punto P_013 - x: 520.820,838 y: 4.651.785,725
No traballo de gabinete establécense dous puntos de deslindamento secundarios (P_14, P_15) que respectan a titularidade catastral particular das parcelas 36054A01700042 e 36054A01700041. O deslindamento neste tramo poderá ser actualizado no momento que a CMVMC de Vilameán deslinde cos propietarios que forman o enclavado existente segundo o proxecto de ordenación.
Punto P_014 - x: 520.593,693 y: 4.652.139,746
Punto P_015 - x: 520.587,227 y: 4.652.167,459
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos soamente nunha pequena superficie. Polo que, a colindancia queda xustificada:
– Pola proximidade e imprecisión dos esbozos de clasificación.
– Polos montes de utilidade pública (en diante, MUP) núm. 513 e o núm. 514.
– E pola titularidade catastral das parcelas que interveñen no deslindamento.
O deslindamento está formada por tres tramos:
Tramo 1: formado polos puntos P_ 001, P_ 002, P_ 003 e P_ 004.
Tramo 2: formado polos puntos P_ 005, P_ 006, P_ 007 e P_ 015.
Tramo 3: formado polos puntos P_ 014, P_ 008, P_ 009, P_ 010, P_ 011, P_ 012 e P_ 013.
O punto P_001 é coincidente co punto P_001 do expediente DC22143 (deslindamento entre a CMVMC de Vilameán e a CMVMC de Santa María de Tebra) e en que converxen a CMVMC de Vilameán, a CMVMC de Barrantes e a CMVMC de Santa María de Tebra.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Barrantes: presenta un axuste para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final coa cartografía existente.
– CMVMC de Vilameán: presenta un axuste desde o punto P_001 que é coincidente co deslindamento DC22143 e o resto do esbozo adaptado á cartografía catastral.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Vilameán e a CMVMC de Barrantes, ambas no concello de Tomiño, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 16 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
