DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2025 Páx. 31908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de maio de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución aprobatoria do deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Arbo e Mourentán (Arbo) (expediente DC22037).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de San Xoán de Arbo e Mourentán (Arbo), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 27.9.2022, o presidente da CMVMC de San Xoán presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de San Xoán e a CMVMC de Mourentán, ambas no concello de Arbo.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de San Xoán (ID monte: 2442) da CMVMC de San Xoán.

– MVMC de Mourentán (ID monte: 2446) da CMVMC de Mourentán.

Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

– Acta de apeo do 11.2.2022.

– Papeleta e acta de conciliación do Xulgado de Paz de Arbo núm. 05/2022 do 15.11.2022.

– Certificado do secretario da CMVMC de San Xoán coa conformidade do presidente do 16.9.2022 da aprobación na asemblea do 10.4.2022.

– Certificado da secretaria da CMVMC de Mourentán coa conformidade do presidente do 19.9.2022 da aprobación na asemblea do 18.9.2022.

– Memoria descritiva de xullo de 2022 co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, asinada pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 482 do COETFG. Constan emendas posteriores que corrixen a dita memoria.

– Informe de validación gráfica (IVG) catastral con CSV: RA3HW0MNARZJCSPM.

Segundo. Os puntos levantados no campo de acordo coas dúas comunidades e que se corresponden con puntos identificados con fitos sobre o terreo son os seguintes:

Puntos

X

Y

Denominación

P.1

559.419,40

4.664.696,10

Coto da Moura

P.2

559.154,00

4.664.392,80

Cruz

P.3

558.524,00

4.664.442,90

Cruz de Trabazos

P.4

558.285,80

4.664.412,80

A Torneira

No traballo de gabinete establécense puntos de deslindamento secundarios para respectar as propiedades particulares (o deslindamento realizarase coas propiedades particulares) e áreas afectadas polo dominio público hidráulico. Estes puntos son:

Punto S01:

x: 559.155,02

y: 4.664.394,04

Punto S02:

x: 558.498,96

y: 4.664.439,71

Punto S03:

x: 558.411,26

y: 4.664.428,64

Punto S04:

x: 558.324,94

y: 4.664.417,75

Terceiro. Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios xa que se axusta ao deslindamento en tramitación que ten a CMVMC de Mourentán coa CMVMC de Cequeliños (DC22120) e a revisión do esbozo aprobada da CMVMC de Mourentán (RE22064).

A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 530 metros e está formada por 3 tramos:

Tramo 1 de 0,40 km: de P01 a S01.

Tramo 2 de 0,09 km: de S02 a S03.

Tramo 3 de 0,04 km: de S04 a P04.

Que corresponde cos seguintes puntos:

Punto P01:

x: 559.419,38

y: 4.664.696,14

Punto S01:

x: 559.155,02

y: 4.664.394,04

Punto S02:

x: 558.498,96

y: 4.664.439,71

Punto S03:

x: 558.411,26

y: 4.664.428,64

Punto S04:

x: 558.324,94

y: 4.664.417,75

Punto P04:

x: 558.285,80

y: 4.664.412,82

A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación, polo que se realiza un axuste dos dous esbozos.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.

Cuarto. O artículo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de San Xoán e Mourentán (Arbo), nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 16 de maio de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra