O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Guláns e Cristiñade (Ponteareas), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 27.9.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Guláns presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Guláns e a CMVMC de Cristiñade (Ponteareas).
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Guláns (ID 3006) da CMVMC de Guláns.
– MVMC de Fraga do Rei e Bouza da Vaca e Muíño de Abaixo (ID 3010) da CMVMC de Cristiñade.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 26.5.2022.
– Papeleta de conciliación do 26.9.2022 e acta de conciliación núm. 0000526/2022 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas (Decreto 121/2023).
– Papeleta do 22.10.2024 de solicitude de corrección de erro na acta de deslindamento ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas.
– Certificado do 8.2.2024 da secretaria da CMVMC de Guláns coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 28.10.2012 e ratificada na asemblea do 13.3.2022 e do 19.3.2023.
– Certificado do 12.2.2024 do secretario da CMVMC de Cristiñade coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 4.3.2012 e ratificada na asemblea do 4.12.2022.
– Memoria descritiva de setembro de 2022, modificada en agosto de 2023 e en abril de 2024 co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado polos enxeñeiros técnicos forestais colexiados núms.790 e 1204 do COETFG.
– Informes de validación gráfica catastral con CSV: QE7Q99G3X9N78QEK.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.306,50 metros e está composta polos seguintes 18 puntos (9 fitos e 9 puntos intermedios):
|
Nome |
X |
Y |
|
Fito 1 |
536.920,72 |
4.664.838,27 |
|
Fito 2 |
536.983,98 |
4.664.895,04 |
|
Fito 3 |
537.123,60 |
4.665.022,00 |
|
Fito 4 |
537.252,81 |
4.665.137,19 |
|
Fito 5 |
537.374,60 |
4.665.254,65 |
|
Fito 6 |
537.600,00 |
4.665.460,72 |
|
Fito 7 |
537.652,74 |
4.665.492,82 |
|
Fito 8 |
537.794,08 |
4.665.582,91 |
|
Fito 9 |
537.907,61 |
4.665.658,55 |
|
Nome |
X |
Y |
|
Punto 1 |
537.021,58 |
4.664.926,15 |
|
Punto 2 |
537.051,73 |
4.664.966,93 |
|
Punto 3 |
537.099,62 |
4.665.012,92 |
|
Punto 4 |
537.176,68 |
4.665.076,80 |
|
Punto 5 |
537.309,73 |
4.665.195,94 |
|
Punto 6 |
537.322,65 |
4.665.229,87 |
|
Punto 7 |
537.342,42 |
4.665.230,07 |
|
Punto 8 |
537.437,62 |
4.665.320,05 |
|
Punto 9 |
537.548,08 |
4.665.423,08 |
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios. Axústase a liña de deslindamento aos esbozos da CMVMC de Guláns e CMVMC de Cristiñade que non afecta as revisións de esbozo de Picoña (RE22061) e de Sta. Mª de Salceda (RE22013).
A liña de deslindamento comprendida entre o fito 1 e o fito 2 non respecta a liña de concellos do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Salceda e Ponteareas. O deslindamento establécese mediante acordo das comunidades implicadas no deslindamento e nas revisións dos esbozos das comunidades lindeiras de Picoña (RE22061) e de Sta. Mª de Salceda (RE22013).
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Guláns e a CMVMC de Cristiñade, ambas no concello de Ponteareas, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 16 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
