O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Santiago de Covelo e Santa Mariña (Covelo), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 26.9.2022, o presidente da CMVMC de Santiago de Covelo presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Santiago de Covelo e a CMVMC de Santa Mariña, ambas do concello de Covelo. Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Covelo (ID 2608) da CMVMC de Santiago de Covelo.
– MVMC de Santa Mariña (ID 2614) da CMVMC de Santa Mariña.
Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 26.2.2022.
– Acta de conciliación núm. 01/2022 do Xulgado de Paz de Covelo do 9.11.2022.
– Certificado do secretario da CMVMC de Santiago de Covelo coa conformidade do presidente do 3.8.2022 da aprobación na asemblea xeral do 25.6.2022.
– Certificado do secretario da CMVMC de Santa Mariña coa conformidade do presidente do 6.7.2024 da aprobación na asemblea xeral do 25.9.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinada o 19.9.2022 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 482 do COETF de Galicia.
– Informe de validación gráfica catastral con CSV: 99A0P5VQSWA6ER2E.
Segundo. Os puntos levantados no campo de acordo coas dúas comunidades e que se corresponden con puntos identificados con fitos sobre o terreo son os seguintes:
|
Número |
X |
Y |
|
P.01 |
552.271,54 |
4.675.238,62 |
|
P.02 |
552.445,63 |
4.674.881,59 |
|
P.03 |
552.568,51 |
4.674.605,50 |
|
P.04 |
552.702,81 |
4.674.308,34 |
|
P.05 |
552.799,84 |
4.674.097,42 |
|
P.06 |
552.850,71 |
4.673.986,51 |
No traballo de gabinete establécense puntos de deslindamento secundarios para respectar as propiedades particulares (o deslindamento realizarase coas propiedades particulares) e áreas afectadas polo dominio público de estradas. Estes puntos son:
|
Número |
X |
Y |
|
S.01 |
552.313,34 |
4.675.152,90 |
|
S.02 |
552.319,86 |
4.675.139,51 |
|
S.03 |
552.324,85 |
4.675.129,28 |
|
S.04 |
552.375,38 |
4.675.025,67 |
|
S.05 |
552.738,18 |
4.674.231,46 |
|
S.06 |
552.741,95 |
4.674.223,27 |
|
1 |
552.287,00 |
4.675.206,00 |
Terceiro. Finalmente, a liña de deslindamento proposta, respectando as propiedades particulares, ten unha lonxitude de 1.190 metros e está formada por 2 tramos:
Tramo 1 de 59,01 m: de 1 a 2.
Tramo 2 de 1.131 m: de 3 a 10.
A liña interrómpese de 7 a 8 polo dominio público da estrada.
A liña corresponde cos seguintes puntos:
|
Correspondencia |
Punto |
X |
Y |
|
1 |
552.287,00 |
4.675.206,00 |
|
|
S01 |
2 |
552.313,00 |
4.675.153,00 |
|
S04 |
3 |
552.375,00 |
4.675.026,00 |
|
P02 |
4 |
552.446,00 |
4.674.882,00 |
|
P03 |
5 |
552.569,00 |
4.674.605,00 |
|
P04 |
6 |
552.703,00 |
4.674.308,00 |
|
S05 |
7 |
552.738,00 |
4.674.231,00 |
|
S06 |
8 |
552.742,00 |
4.674.223,00 |
|
P05 |
9 |
552.800,00 |
4.674.097,00 |
|
P06 |
10 |
552.851,00 |
4.673.987,00 |
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Santiago de Covelo: presenta axuste co resto do esbozo.
– CMVMC de Santa Mariña: ten unha revisión de esbozo RE22053 que se axusta a este deslindamento.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
A vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Santiago de Covelo e Santa Mariña (Covelo), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigo 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 16 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
