DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2025 Páx. 31958

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento

ANUNCIO das bases e da convocatoria de provisión de dous postos de traballo de persoal funcionario de carreira.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 43, do 4 de marzo de 2025, publicáronse as bases e a convocatoria de provisión de dous postos de traballo de persoal funcionario de carreira do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.

O prazo para presentar as solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, logo da publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias unicamente se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.

Pontevedra, 21 de marzo de 2025

Luis López Diéguez
Presidente do Consorcio Provincial de Pontevedra
para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento