Mediante este anuncio convócase a asemblea xeral ordinaria da Comunidade de Regantes de Cubeliños para o día 11 de xullo de 2025, ás 20.30 horas, en primeira convocatoria, e ás 21.00 horas en segunda convocatoria, no centro social de Pazos, parroquia de Iria Flavia, concello de Padrón (A Coruña), coa seguinte orde do día:
1. Relación e inventario de regantes.
2. Nomeamento de membros para constituír a Xunta Directiva e o xurado.
3. Tramitar a solicitude do CIF en Facenda.
4. Posta en marcha e redacción dos estatutos.
5. Outros puntos de interese.
6. Rolda de intervencións e preguntas.
Padrón, 30 de maio de 2025
Santiago Cabrera Fontenla
Representante da Comunidade de Regantes de Cubeliños
