DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2025 Páx. 31960

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Regantes de Quintáns

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Mediante este anuncio convócase a asemblea xeral ordinaria da Comunidade de Regantes de Quintáns para o día 11 de xullo de 2025, ás 19.30 horas, en primeira convocatoria, e ás 20.00 horas en segunda convocatoria, no local social de Pazos, parroquia de Iria Flavia, concello de Padrón (A Coruña), coa seguinte orde do día:

1. Relación e inventario de regantes.

2. Nomeamento de membros para constituír a Xunta Directiva e o xurado.

3. Tramitar a solicitude do CIF en Facenda.

4. Posta en marcha e redacción dos estatutos.

5. Outros puntos de interese.

6. Rolda de intervencións e preguntas.

Padrón, 30 de maio de 2025

José Seoane Otero
Representante da Comunidade de Regantes de Quintáns