A representación da titularidade do centro privado (CPR) Cesforem Formación, de Vigo, solicita a autorización para impartir un ciclo formativo de grao medio (CM) de Farmacia e parafarmacia e un ciclo formativo de grao superior (CS) de Dietética.
Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Autorización do centro e ensinanzas
Autorizar a apertura e funcionamento do centro privado que se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: Cesforem Formación.
Código do centro: 36025301.
Domicilio: rúa Condesa Casa Bárcena, nº 11, baixo.
Localidade: Vigo.
Código Postal: 36204.
Concello: Vigo.
Provincia: Pontevedra.
Titular: Formación Profesional y Certificados de Galicia, S.L.
Ensinanzas que se autorizan:
Réxime ordinario, modalidade presencial.
• 1 CM de Farmacia e parafarmacia (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
• 1 CS de Dietética (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.
Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Revisión da autorización
O centro queda obrigado a cumprir a normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
