En cumprimento do disposto no artigo 19 bis.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, así como a disposición transitoria sétima da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e o artigo 57 do Regulamento xeral para o réxime da minaría, aprobado polo Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, aos cales fai remisión expresa o artigo 19.bis.3 da dita Lei 3/2008 para os supostos en que parte dos terreos solicitados deban ser considerados como demasías, faise pública a solicitude presentada por Explotación de Canteras del Noroeste, S.A. (Excansa) para a reclasificación da autorización de aproveitamentos de recursos da sección A), denominada Arcos número 63, situada no concello de Pol, na provincia de Lugo, nunha concesión de explotación de recursos da sección C) e cuxa extensión vén delimitada polas seguintes coordenadas:
|
Coordenadas geográficas Datum ETRS89 |
||
|
Vértice |
Lonxitude (W) |
Latitude (N) |
|
1 |
07º23’40’’ |
43º08’40’’ |
|
2 |
07º23’00’’ |
43º08’40’’ |
|
3 |
07º23’00’’ |
43º08’00’’ |
|
4 |
07º23’40’’ |
43º08’00’’ |
O que se fai público para xeral coñecemento facendo constar que, segundo os mencionados artigos, ábrese un período de información pública durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 13 de maio de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
