DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2025 Páx. 31873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 8 de maio de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a modificación das autorizacións administrativas previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2022/378-1).

Expediente: IN407A 2022/378-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Tileiros (Oleiros).

Concello: Oleiros.

1. Antecedentes.

O 16.3.2023 a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación ditou resolución pola que se concederon as autorizacións administrativas previa, de construción e declaración de utilidade pública do proxecto LMT, CT e RBT Tileiros (Oleiros).

O 16.7.2024 a empresa promotora presenta a solicitude de modificación do proxecto autorizado motivada polo condicionado técnico sinalado polo Concello de Oleiros que obriga á retirada do centro de transformación. Esta modificación técnica supón o aumento da superficie afectada. A empresa promotora achegou, coa documentación da solicitude de modificación da autorización concedida, unha nova relación de bens e dereitos afectados.

2. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– LMTS a 15 kV, de 2×242m (E/S) m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe e remate en PAR proxectada en LMT SAD709 (IN407A 2018/26-1), procedente da Subestación Sada, facendo E/S no CTC proxectado.

– CT compacto prefabricado no lugar de Tileiros, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

3. Lexislación de aplicación:

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica, e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 8 de maio de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT Tileiros (Oleiros)

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Sada

Predio proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo pleno dominio

Afección de solo por

servidume de paso de enerxía eléctrica

Natureza do terreo

Apoio núm.

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Pilar Sanjurjo Sáez

Polígono 17-Parcela 67

Cova

CT e acceso

27,55

Rústico/Agrario