DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2025 Páx. 31880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2024/096-1).

Expediente: IN407A 2024/096-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT O Chamberín.

Concello: Zas.

Feitos:

1. O día 19.3.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de mellorar a calidade de subministración eléctrica no lugar do Chamberín, parroquia de Baio, concello de Zas, proxéctase a instalación dun centro de transformación de 100 kVA de potencia compacto prefabricado, unha liña soterrada de media tensión que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT VIM803 Laxe Neano 3, procedente da subestación Vimianzo, nun novo apoio a intercalar na dita liña e dúas saídas en baixa tensión que o conectarán coa rede de baixa tensión existente.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT O Chamberín, asinado o día 4.3.2024 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de avaliación ambiental simplificada e consta no expediente unha Resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático do 6 de maio de 2025 polo que se formula o informe de impacto ambiental do proxecto.

O informe sinala o seguinte: «De acordo cos antecedentes e como resultado da avaliación de impacto ambiental simplificada realizada, formular o informe de impacto ambiental do proxecto LMT, CT e RBT no lugar do Chamberín, no termo municipal de Zas (A Coruña), concluíndo que, sempre que se cumpra, ademais do recollido no documento ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado e programa de vixilancia ambiental que figuran ao longo desta resolución, non son previsibles efectos adversos significativos sobre o ambiente e, polo tanto, non se considera necesario someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental ordinaria».

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 4.10.2024.

• BOP: 18.9.2024.

• Xornal La Voz de Galicia: 18.9.2024.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 4.10.2024.

4. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

5. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: concello de Zas, Servizo de Patrimonio Cultural e Servizo de Montes.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto: Servizo de Patrimonio Cultural e Servizo de Montes.

No día desta resolución, non consta no expediente resposta do concello de Zas á solicitude de informe.

6. O día 8.5.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar do Chamberín, parroquia de Baio, concello de Zas, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 20 kV, de 330 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio nº 42-2 proxectado da LMT VIM803 Laxe Neano 3, procedente da Subestación Vimianzo, e remate no CTC proxectado. O condutor discorrerá entubado baixo calzada ata o centro de transformación proxectado.

– Novo apoio tipo C-1000/12 en que se instalará un interruptor telecontrolado (ITC), a intercalar entre os apoios nº 9JPTHUEC//66 e nº 9JOJCQEV//67 da LMT VIM803 a 20 kV e condutor LA-110. Retensado dos van comprendidos entre os anteditos apoios.

– CT no lugar do Chamberín compacto prefabricado de manobra exterior, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P.

Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparamenta eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

C) A resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático pola que se formula o informe de impacto ambiental do proxecto sinala no seu apartado 4.2.2.: «Para este efecto, o promotor adoptará o programa de vixilancia e seguimento ambiental deseñado que garantirá, ademais do cumprimento dos condicionantes e medidas preventivas e/ou correctoras establecidas no IIA e no documento ambiental, o cumprimento dos que, se é o caso, establezan os órganos competentes na tramitación sectorial de licenzas, permisos e/ou autorizacións e aqueles outros que, derivados do seguimento, sexa necesario incorporar. Deberá aprobalo previamente o órgano substantivo».

De acordo ao sinalado, e ao obxecto da realización do seguimento ambiental, deberá de comunicar a data de inicio das actuacións autorizadas nesta resolución.

Deberá achegar a este departamento territorial no prazo máximo de un mes antes do inicio das obras o plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 4.2.2. da resolución de impacto ambiental.

D) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

E) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 13 de maio de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Zas.

Nº de parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo
en pleno dominio

Afección de solo por servidume
de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

O Chamberín 15094A052000360000TH

Rústico, agrario, piñeiral madeirable

María del Sol Castiñeira Rial

Apoio 1

2,0

2,7

7,0

2

O Chamberín 15094G506000010000FU

Rústico, agrario, piñeiral madeirable

Herdeiros de Alfonso Mira Pose

CT

15,96

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.