Expediente: IN407A 2023/326-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: Modificado 1 do proxecto de instalación de telecontrol na LMT SNT822 en A3NE2O97//D22-33-1.
Concello: Ames.
Feitos:
1. O día 4.7.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de mellorar a calidade de subministración e dos índices TIEPI no lugar A Raxeira, parroquia de Bugallido, concello de Ames, proxéctase a instalación dun elemento de seccionamento telecontrolado que se vai instalar nun apoio de formigón existente que se vai substituír por un de tipo metálico na liña de distribución de media tensión LMT SNT822 Bertamiráns, 22 (expediente 29.379), procedente da subestación de Santiago, e a substitución do condutor dun van adxacente.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Modificado 1 do proxecto de instalación de telecontrol na LMT SNT822 en A3NE2O97//D22-33-1, asinado o día 10.1.2024 por Ángel Pérez Vidal, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica, nº colexiado 4.781 de Vigo (COITIVigo), e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
– DOG: 28.11.2023.
– BOP: 13.11.2023.
– Xornal La Voz de Galicia: 30.10.2023 (Ed. Santiago).
O 18 de outubro de 2023 solicitouse ao Concello de Ames a exposición pública do proxecto e a correspondente acreditación de realización dese trámite, sen que conste no expediente a emisión da dita certificación.
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Ames, Servizo de Infraestruturas Agrarias e Augas de Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
4. O día 14.5.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas.
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar da Raxeira, parroquia de Bugallido, concello de Ames, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Instalación de reconectador telecontrolado (RC) no apoio nº A3NE2O97//D22-33-1 tipo AL-HP-12/2A que se vai substituír por tipo C-2000/14 e do que se desmantelará o seccionador XS (15HY51) existente.
– LMTA a 20 kV, de 63 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe na nova posición do apoio nº D22-33-1 que se vai substituír da LMT SNT822 Bertamiráns, 22 (expediente 29.379), procedente da subestación de Santiago, e remate no apoio nº A3MWCE7C//D22-33-2 tipo AL-2HP-Pórtico-12/800 existente. Retensado do van na LA-30 existente entre os apoios nº A3NRIN60//D22-33 existente tipo AL-HP-11/1B-B2 e o D22-33-1.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica. A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 15 de maio de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Ames
|
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio |
LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
|
CT/nº do apoio |
Superficie (m²) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m²) |
|||||
|
1 |
María Ameneiro Crego |
15002A507006220000BB |
Maral |
Novo apoio nº D22-33-1 (ITC) |
2.0 |
Labor ou labradío de secaño |
||
