DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2025 Páx. 31893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2024/005-1).

Expediente: IN407A 2024/005-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: Renovación de instalacións por fin de vida útil entre os apoios nº A33RC80H//C13-27-12 e nº A3J4VRKS//C13-27-20-CT (LAMT CBL701B Bértoa-A Laracha 1).

Concello: Carballo.

Feitos:

1. O día 10.1.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Por mor da fin da súa vida útil, proxéctase a renovación de diferentes elementos nun tramo da liña aérea de distribución de media tensión LMT CBL701B Bértoa-A Laracha 1 (expediente 350110), procedente da subestación Carballo, substituíndo varios apoios de formigón por outros metálicos, a substitución do condutor do tramo e o cambio de crucetas noutros apoios.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Renovación de instalacións por fin de vida útil entre os apoios nº A33RC80H//C13-27-12 e nº A3J4VRKS//C13-27-20-CT (LAMT CBL701B Bértoa-A Laracha 1), asinado o día 13.11.2023 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado LE-1010; anexo asinado por Ángel Pérez Vidal, enxeñeiro técnico industrial graduado en enxeñaría eléctrica, nº colexiado 4.781 de Vigo (COITIVigo), o 29.5.2024; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de Transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 3.6.2024.

• BOP: 15.5.2024.

• Xornal La Voz de Galicia: 28.8.2024 (Ed. Carballo).

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 16.7.2024.

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Carballo, Servizo de Montes, Servizo de Explotacións Agrarias e Deputación Provincial da Coruña. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 9.5.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas na parroquia de Sofán (San Salvador), concello de Carballo, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Substitución condutor en tramo LMTA a 15 kV, de 303 m, condutor tipo LA-30 Al por LA-56 Al, con orixe no apoio nº A3EUHCEK//C13-27-17 existente para substituír por tipo C-2000/16 da LMT CBL701B Bértoa-A Laracha 1 (expediente 350110), procedente da subestación Carballo, e remate no apoio nº A3J4VRKS//C13-27-20-CT (CT 15AIK8) existente no que se substituirá a súa cruceta por unha de tipo recto e do que se van retirar os fusibles XS para instalalos no apoio nº A3GW3IC0//C13-27-19 existente.

– Substitución dos apoios: nº A39AEV3H//C13-27-15 por tipo C-2000/14 e nº A3G8URO0//C13-27-18 existente por tipo C-2000/16. Retensado de tramo entre apoios nº A33RC80H//C13-27-12 e A3EUHCEK//C13-27-17.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparamenta eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/a director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o esixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 15 de maio de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Carballo.

Predio proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo
pleno dominio

Afección de solo
por servidume de paso
de enerxía eléctrica

Natureza do terreo

Apoio nº

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Blandina Vecino Seoane

Josefa Vecino Seoane

Carmen Vecino Seoane

Purificación Vecino Seoane

15019A117000610000JX

Leira de Abaixo

C 13-27-15

2.0

Labor ou labradío. Secaño.

2

Blandina Vecino Seoane

15019A117000130000JQ

Braña

C 13-27-17

2.0

Prados ou pradarías.

3

Josefa Vecino Seoane

15019A117000090000JG

Navas

C 13-27-18

2.0

Prados ou pradarías, piñeiral madeirable, eucalipto.