DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2025 Páx. 31950

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para cubrir dúas prazas de operario/a de servizos-electricista.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 79, do 28 de abril de 2025, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal laboral fixo, dúas prazas de operario/a de servizos-electricista, con nivel de titulación de certificado de escolaridade ou equivalente, vacantes no cadro de persoal do Concello, polo sistema selectivo de concurso-oposición libre. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 182, do 23 de setembro de 2022. O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da publicación antedita, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

Oleiros, 15 de maio de 2025

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 2023003281, do 21 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal