DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2025 Páx. 31951

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2024.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local, do 16 de decembro de 2024, aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Ourense, correspondente ao exercicio 2024. O citado acordo publicouse no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 9, do 15 de xaneiro de 2025.

A oferta de emprego público completa pode consultarse na sede electrónica do Concello de Ourense no seguinte enlace:

https://sede.ourense.gob.es/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=240940866

O que se fai público e se advirte de que, contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ou ben acudir directamente á vía xudicial, interpoñendo recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses. Os prazos indicados computaranse de data a data a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Non poderán interpoñerse simultáneamente ambos os recursos. Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada poderá interpoñer calquera outro recurso que considere procedente.

Ourense, 2 de xuño de 2025

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente