No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 55, do 21.3.2025, publicáronse integramente as bases da convocatoria para cubrir definitivamente, polo sistema de oposición, unha praza vacante de traballador/a social da escala de administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios, grupo A, subgrupo A2, reservada a funcionarios de carreira, incluída na OEP do ano 2024 e que se corresponde co posto da RPT nº 07.01.00.07.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios do proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas citadas bases da convocatoria.
O Porriño, 27 de marzo de 2025
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde
