De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 26 de maio de 2025 do proxecto de planta de xestión de residuos urbanos téxtiles no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense) promovido por Servicios Comerciales de Inserción Laboral E.I.L, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
