De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 26 de maio de 2025 do proxecto Explotación de recría de gando vacún leiteiro, cunha capacidade ata 1.262 xatas, na parroquia de Grixalba, no concello de Sobrado (A Coruña), promovido por Ganadería de Rañón, S.L.U. (antes de Grupo Grixalba, S.L.).
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
