Expediente: IN407A 2024/260-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Regulamentación LMT VIM804-apoio 9FM8WOWM//16.
Concello: Vimianzo.
1. Características técnicas:
– Substitución condutor tramo (actuación 1) LMTA a 20 kV, de 20 m, condutor tipo LA-110 Al (existente LA-80), con orixe no apoio nº 9FM8WOWM//16 tipo HV 1600/14 para substituír por tipo C-16/4500-H35, quedando baixo traza existente da LMT VIM804 P. Porto-Camariñas 4 (expediente 31.948), procedente da subestación Vimianzo, no tramo que vai á subestación, e remate no apoio nº 9FMDFD9F//17 tipo HV 700/12 a substituír por outro tipo C-16/3000-H35 quedando baixo traza existente. Os novos apoios quedarán a ambas as beiras do curso de auga existente. Retensado do tramo adxacente inmediato anterior.
– Substitución condutor tramo (actuación 2) LMTA a 20 kV, de 159 m, condutor tipo LA-110 Al (existente LA-80), con orixe no apoio nº 9FN7U75T//17-1 tipo HV 400/11 a substituír por tipo C-16/3000-H35 da LMT VIM804, quedando ao carón do existente baixo traza no tramo de derivada ao CT Electra Gayoso (15PJB0), e remate no apoio nº 9FLQGXTK//18 tipo HV 400/11 a substituír por tipo C-16/3000-H35 quedando ao carón do existente baixo traza. Retensado dos tramos existentes adxacentes ao tramo que se vai substituír.
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica, e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 6 de maio de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Vimianzo
|
Nº parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Lugar Urroa. Ref. catastral: 15093B501031050000JP |
Rústico/agrario |
Manuel Rodríguez Lema |
P1 |
2.0 |
9 |
145 |
||
|
2 |
Lugar Urroa. Ref. catastral: 15093B501006020000JA |
Rústico/agrario |
Cándido Aurelio Pedreira Insua |
P2 |
2.0 |
10.7 |
150 |
||
|
3 |
Lugar Urroa. Ref. catastral: 15093B501010650000JY |
Rústico/agrario |
Herdeiros de Francisco González Soto |
P3 |
2.0 |
||||
|
4 |
Lugar Urroa. Ref. catastral: 15093B501005990000JH |
Rústico/agrario |
Elena Rodríguez González |
P4 |
2.0 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2 m2 sot.: superficie de servidume soterrada
