DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2025 Páx. 32295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 15 de maio de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2022/179-1).

Expediente: IN407A 2022/179-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT MEA-806 (apoio B6W2E1F6//17-CT Santo Adrao 15CU52). Termo municipal: Ortigueira.

1. Características técnicas:

– Proxéctase a reforma do treito comprendido entre a derivada ao CT A Ponte de Mera (expediente IN407A 2016/770-1/matrícula 15CU50) e o CT Santo Adrao (expediente IN407A 2016/771-1/ matrícula 15CU52) que se vai reformar, da LMT aérea a 20 kV MEA-806 (expediente 5.365) procedente da subestación Mera, consistente en:

– Substitución dos actuais apoios nº 17 (matrícula B6W2E1F6) de formigón tipo HV-1600/12-T1, nº 18 (matrícula B6XT0UQD) de formigón tipo HV-400/14-B1 e nº 21 (matrícula B7330XL1) de formigón tipo HV-1600/14-T1, polos novos apoios metálicos tipo A-AG-C-2000/18-H35-CA(cs)III-Avif., A-AL-C-1000/14-H35-CA(cs)III-Avif. e A-AL-C-1000/14-H35-CA(cs)III-Avif., respectivamente.

– Instalación de novo condutor tipo LA-110 no van de 165 metros de lonxitude conformado polos novos apoios nº 17 e nº 18 proxectados. Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) nos vans adxacentes.

– Instalación de xeito intercalado entre os apoios nº 22 e nº 23, respectando o trazado da LMT, dun novo apoio metálico tipo FL-C-4500/12-H35-CAIII-Avif. en que se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e dun xogo de pararraios autoválvulas.

– Desmantelamento do treito de 230 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110 comprendido entre o novo apoio metálico que se vai instalar entre os apoios nº 22 e nº 23 e a fachada do CT Santo Adrao que se vai reformar. Esta actuación implica a retirada dos apoios nº 23 (matrícula B75641NS) de formigón tipo HV-1600/12-CR1, nº 24 (matrícula B762R6UM) de formigón tipo HV-1000-12-CR1 e nº 25 (matrícula B76G95SS) de formigón tipo HV-2×1600/12-T1.

– Reforma do CT Santo Adrao (expediente IN407A 2016/771-1/matrícula 15CU52) non prefabricado de obra civil, localizado entre a derivada ao CT A Ponte de Mera (expediente IN407A 2016/770-1/matrícula 15CU50) e o CT Feás (expediente IN407A 2016/2622-1/matrícula 15CU53) consistente en:

– Repotenciación do CT Santo Adrao proxectándose a substitución do actual transformador de 100 kVA de potencia por un novo de 250 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, e da aparellaxe interior por un novo CT compacto de manobra exterior telecontrolado e unha configuración de celas 2L+1P.

– Instalación de novas autoválvulas e tendido de 8 metros de condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al) coa orixe en nova cela de liña do CT Santo Adrao reformado e remate na fachada do CT en dirección ao CT Feás, para ligazón coa LMTA existente.

– Reforma da envolvente de obra civil en que se proxecta a substitución da porta de acceso ampliando as súas dimensións, a instalación de foso de recollida de aceite con reixa e seixos apagalumes e dos UPN que soportarán o transformador, a instalación dun deflector de aire para favorecer a ventilación do transformador, a conexión dos novos elementos metálicos á nova rede de terras interior do CT, así como a interconexión co anel de posta a terra do centro actual do local e o pintado interior e exterior do local.

– Instalación de LMT soterrada, a 20 kV, de 386 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se instalará no novo apoio metálico proxectado entre os apoios nº 22 e nº 23 e remate no CT Santo Adrao reformado. Canalización proxectada con 2T/6T aloxados en gabia de dimensións 0,40×0,80/1,00/1,40.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 15 de maio de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente IN407A 2022/179-1.

Concello de Ortigueira.

Nº de predio

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume
de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

4

Montecelo

15062A501002250000RP

Rústico. Agrario.

Labor ou labradío secaño

– José Ramón Aneiros Casal

– Carmen Pena Rodríguez

Apoio nº 4

2.0

1.6

5.0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.