Rosa Ysabel Piñeiro Boullosa, presidenta da Comunidade de Usuarios de Augas de Anceu, convoca o 14 de xuño de 2025 na Casa do Pobo de Anceu ás 17.00 horas en primeira convocatoria, e ás 18.00 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria, conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:
1. Lectura e aprobación da acta anterior.
2. Presentación e aprobación de contas.
3. Información sobre a subvención solicitada para a renovación da concesión da auga.
4. Información sobre a renovación da concesión.
a) Documentación solicitada.
b) Autorizar a presidenta Rosa Ysabel Piñeiro Boullosa a representar os usuarios nas xestións para a renovación da concesión en Augas de Galicia.
c) Autorizar a presidenta para o cobramento e xestión da subvención para a renovación da concesión.
5. Aumentar o recibo da auga de 80 € a 81 €, pola diferenza de puntos favorables para conseguir subvencións.
6. Información sobre os traballos realizados.
7. Rogos e preguntas.
Ponte Caldelas, 25 de maio de 2025
Rosa Ysabel Piñeiro Boullosa
Presidenta da Comunidade de Usuarios de Augas de Anceu
