Mediante a Resolución da Alcaldía do 14 de abril de 2025 aprobouse o expediente de concerto social, do cal forma parte o prego de condicións, para prestar o servizo de atención temperá, así como a convocatoria do concerto social, con envío de anuncio ao Diario Oficial de Galicia e apertura do procedemento para presentación de proposicións.
O prego de condicións regula o prazo de presentación, requisitos das entidades participantes, criterios de valoración, condicións técnicas de prestación do concerto social, prezo e obrigas e dereitos das partes. Este pode consultarse na sede electrónica municipal, a través do taboleiro de anuncios electrónico:
https://ponteareas.sedelectronica.gal/info.0
Ponteareas, 14 de abril de 2025
María Nava Castro Domínguez
Alcaldesa
