Mediante a Orde do 20 de febreiro de 2019 convocouse o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (Diario Oficial de Galicia número 39, do 25 de febreiro).
Por outra banda, o 1 de agosto de 2023 publícase a Resolución do 21 de xullo de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira, na escala de auxiliares de clínica do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo. Entre as persoas aspirantes propostas está María José Álvarez Sánchez, con DNI ***9290**, que con data do 2 de novembro de 2023 toma posesión no posto de auxiliar de clínica, código PS.C99.40.800.36560.121, no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo (Pontevedra).
María José Álvarez Sánchez, con data do 5 de maio de 2025, solicita a renuncia á condición de funcionaria de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica.
O artigo 65 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, recolle como unha das causas da perda da condición de persoal funcionario de carreira a renuncia, que será aceptada sempre que a funcionaria o manifeste por escrito e esta non estea suxeita a expediente disciplinario ou sexa ditado na súa contra un auto de procesamento ou de apertura de xuízo oral pola comisión dalgún delito. Polo tanto,
DISPOÑO:
Aceptar a renuncia de María José Álvarez Sánchez á súa condición de funcionaria de carreira do corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica.
Consonte o establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
