DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2025 Páx. 32529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunican a data do depósito previo á ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación forzosa no concello de Castrelo de Miño (expediente IN407A 2024/79-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase ao titular que figura no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre o ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución do apoio núm. D35-2 na LMTA CAS805, situada no concello de Castrelo de Miño.

Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, requíreselle para que presente ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, na que concretará de xeito motivado o valor en que estima a servidume imposta e alegará o que coide conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.

Ourense, 22 de maio de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2024/79-3.

Instalación: Substitución do apoio núm. D35-2 na LMTA CAS805.

Concello: Castrelo de Miño.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data do depósito previo

1

Rodal 3000

32032A063030000000HM

Descoñecido/a

19 de maio de 2025