DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2025 Páx. 32557

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de policía local por mobilidade.

Resolución nº 1080/2025, do 23 de abril de 2025, do Concello de Arteixo (A Coruña) referente á convocatoria e bases do proceso de selección para a cobertura dunha praza de policía local por mobilidade.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 80, do 29 de abril de 2025, publicáronse integramente as bases que deberán rexer a convocatoria do proceso de provisión dunha praza vacante de policía local, en quenda de mobilidade, polo procedemento de concurso, incluída na OEP 2025.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 29 de abril de 2025

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente