DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2025 Páx. 32558

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública de texto inicial de convenio urbanístico (expediente 2025/U039/000005).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 5 de maio de 2025, acordou aprobar o texto inicial do Convenio urbanístico de execución de planeamento entre o Concello de Carballo e os propietarios da parcela coa referencia catastral 5456926NH2855N0000JX, para a cesión da superficie de terreo de 3.604 m² que se corresponden co tramo viario «SX-VI1d Pb int» e que forman parte da dita parcela catastral.

Polo que se somete o texto do dito convenio ao trámite de información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por este poidan examinar o documento e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

O documento estará á disposición das persoas interesadas na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 12.30 horas, na sede electrónica deste concello (no taboleiro de anuncios na seguinte ligazón: https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/).

Carballo, 9 de maio de 2025

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde