DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2025 Páx. 32559

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de convocatoria para a provisión en propiedade, a través do sistema de oposición por quenda libre, dunha praza de coordinador/a dos servizos administrativos (persoal funcionario) pertencente á oferta de emprego público do ano 2022.

As bases que regulan a convocatoria do proceso selectivo para cubrir en propiedade unha praza vacante de persoal funcionario do Concello de Gondomar publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 105, do 4 de xuño de 2025:

• Unha praza de coordinador/a dos servizos administrativos, pertencente á escala de administración xeral, subescala técnica, e integrada no grupo A1, polo sistema de oposición por quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases de selección, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Gondomar, 4 de xuño de 2025

Paco Ferreira González
Alcalde