DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2025 Páx. 32560

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e das bases específicas de varios procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes pertencentes ao cadro de persoal funcionario.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 278, do 4 de decembro de 2023, foron publicadas as bases xerais para o acceso en propiedade ás prazas de funcionarios/as e persoal laboral do Concello de Lugo en quenda libre, así como ás prazas reservadas a promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 074, do 31 de marzo de 2025, foron publicadas as convocatorias e as bases específicas que rexerán os procesos selectivos para a cobertura das seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo:

– 1 praza de técnico/a medio/a de xestión, encadrada na escala da Administración xeral, subescala de xestión, subgrupo A2. Quenda de promoción interna.

– 1 praza de auxiliar de biblioteca, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, subgrupo C2. Quenda libre.

– 1 praza de celador/a de CEIP, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, grupo AP (agrupacións profesionais). Quenda libre.

– 1 praza de operario/a de zona rural, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, grupo AP (agrupacións profesionais). Quenda libre.

– 1 praza de ordenanza, encadrada na escala da Administración xeral, subescala subalterna, grupo AP (agrupacións profesionais). Quenda libre.

– 1 praza de técnico/a especialista TIC, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, grupo B. Quenda libre.

– 1 praza de traballador/a social, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, subgrupo A2. Quenda libre.

– 1 praza de oficial/a vixiante recadador/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, subgrupo C2. Quenda libre.

– 2 prazas de operarios/as de xardíns, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, grupo AP (agrupacións profesionais). Quenda libre.

– 3 prazas de auxiliar administrativo/a, encadradas na escala da Administración xeral, subescala auxiliar, subgrupo C2. Quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 30 de abril de 2025

O alcalde presidente
P.D. (Decreto de Alcaldía nº 2730/2025, do 19.3.2025)
Ana Mª González Abelleira
Tenenta de alcalde delegada da Área de Cohesión Territorial
por suplencia do tenente de alcalde delegado da Área de Xestión Integral
de Recursos Internos, Urbanismo, Deportes e Xuventude