DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2025 Páx. 32570

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xermade

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de auxiliar de biblioteca.

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria que tivo lugar o 8 de maio de 2025, aprobou as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de auxiliar de biblioteca, incluída na oferta de emprego público do ano 2024.

As bases da convocatoria publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 112, do 19 de maio de 2025.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Xermade, 20 de maio de 2025

Roberto García Pernas
Alcalde