DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2025 Páx. 32545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de maio de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello da Lama (expediente DH.A36.106892).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Ana Teresa Malvar Cortizo, en representación da Comunidade de Usuarios de Augas da Barcia do Seixo.

Expediente: DH.A36.106892.

Volume total anual: 3.679,20 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,36 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: cinco (5) mananciais situados na parcela 1035, polígono 29 do catastro da Lama.

Lugar: A Barcia.

Parroquia: A Barcia do Seixo.

Concello: A Lama.

Descrición:

A auga captada dos mananciais condúcese por gravidade a depósito na parcela 771, polígono 29, desde o que se distribúe as vivendas que abastece a Comunidade no lugar da Barcia (A Lama).

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 12 de maio de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur