DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2025 Páx. 32543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Silleda (expediente DH.A36.98463).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Luís López Limeres e Celia Toubes Mato.

DNI: ***0216** e ***8576**.

Expediente: DH.A36.98463.

Volume total anual: 13.436,49 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,383 l/s.

Destino: uso doméstico, gandeiro e rega.

Orixe: manancial.

Lugar: Baliños.

Parroquia: Fiestras (San Martiño).

Concello: Silleda.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación dun manancial situado na parcela de referencia catastral 36052A047003390000KW, mediante unha tubaxe de 50 mm de diámetro aloxada nunha galería horizontal de menos de 2 m de longo, que conduce a unha arqueta de reunión a uns 7,5 m, onde se fai unha derivación en T con tubaxes de 32 mm, que conducen aos depósitos de acumulación de fibra, a uns 39,5 m, aloxados nunha escavación con soleira de formigón, na parcela 36052A047003020000KE. As augas sobrantes dos depósitos de acumulación de PVC van cara a un vello depósito de formigón, na mesma parcela, desde o que se rega a parcela 36052A047002970000KD. As conducións individuais chegan ata as vivendas dos solicitantes, no lugar de San Martiño.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal de internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16 baixo (15704) de Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar unha cita previa no teléfono 981 54 49 27.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro