DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2025 Páx. 32635

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

EXTRACTO da Orde do 27 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento DE402B).

BDNS (Identif.): 838118.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/838118

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións as federacións deportivas de Galicia inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria de subvencións da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia, para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través de actividades de animación sociodeportiva.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 27 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento DE402B).

Cuarto. Importe

Para o financiamento desta convocatoria destínase, con cargo á anualidade 2025, crédito por importe total de catrocentos corenta e oito mil seiscentos vinte e tres euros (448.623,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 05.02.441A.481.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

Quinto. Prazo para presentar as solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes