DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2025 Páx. 32742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 20 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, do traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación dun proxecto no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2023/51-2).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notificase ás persoas interesadas pola expropiación o traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LAMT MOF809 Regueiro 9 entre apoios BSER3WON//16 e BSCJI77S//20 Monforte de Lemos.

Lugo, 20 de maio de 2025

O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Expediente IN407A 2023/51-2.

Denominación: Regulamentación LAMT MOF809 Regueiro 9 entre apoios BSER3WON//16 e BSCJI77S//20.

Traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello de Monforte de Lemos.

Predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Titular proposto

1

99

461

Lameiros

Monte baixo

Descoñecido

2

5

122

Lameiros

Prado

Descoñecido

3

5

130

Lameiros

Prado

Descoñecido