Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración á persoa que figura como expropiada no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de renovación do apoio A3OXXNV7//25 da LAMT 15 kV LAR706 Carballo-COG Epifanio Campo 6, no concello da Laracha (expediente IN407A 2023/456-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que se detalla.
A Coruña, 20 de maio de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/456-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: renovación do apoio A3OXXNV7//25 da LAMT 15 kV LAR706 Carballo-COG Epifanio Campo 6.
Concello: A Laracha.
|
Predio |
Lugar |
Polígono |
Parcela |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
Agra de Arén |
161 |
148 |
Descoñecida |
28.5.2025 |
