Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, consonte o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a convocatoria de actas previas á ocupación do proxecto que se inclúe no anexo.
Lugo, 22 de maio de 2025
O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Iria Fernández Vilaboa
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas
ANEXO
Expediente: 2024/75 ATE.
Regulamentación LMTA CHA813 no tramo entre o apoio número 69-100 e o CT 27C059, no concello de Taboada.
|
Concello |
Data |
Titular proposto |
Predio |
Hora |
|
Taboada |
16.7.2025 |
Descoñecido |
19 |
10.00 h |
|
Descoñecido |
23 |
10.00 h |
