DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2025 Páx. 32747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ANUNCIO do 21 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, polo que se notifica o acordo de incoación do procedemento sancionador S-C-09.25.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ditou con data do 28.3.2025 o acordo de incoación do procedemento sancionador que se indica, por infracción tipificada na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG). E intentada a notificación persoal deste acordo, non foi posible a efectuala.

Mediante este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia do acto cuxo contido se indica. A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no Edificio Administrativo San Caetano, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, Santiago de Compostela.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no devandito TEU. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025

Ángel Miramontes Carballada
Director xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO

Procedemento sancionador: S-C-09.25 Melide (A Coruña).

DNI/CIF das persoas interesadas: 34890446K e 76448036S.

Acto notificado: acordo de incoación de procedemento sancionador.