O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 26.3.2025, aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Nogueira (San Vicente) e San Salvador (Meis) con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da CMVMC de Nogueira (San Vicente) presenta unha solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Nogueira (San Vicente) e a CMVMC de San Salvador, ambas no concello de Meis.
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Castrove, Rías, Caeiro, Andeón e Seara (ID Monte: 2828) da CMVMC de Nogueira (San Vicente).
– MVMC de Caneta, Canliñas, Pedra Ventosa, Pé Redondo e de Batán (ID Monte: 2830) da CMVMC de San Salvador.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do deslindamento o 21.9.2022.
– Acta de conciliación 1/2023 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Meis do 27.2.2023.
– Certificado do secretario da CMVMC de Nogueira (San Vicente) coa conformidade do presidente do 27.2.2023 da aprobación en Asemblea do 23.12.2022.
– Certificado do secretario da CMVMC de San Salvador coa conformidade do presidente do 31.10.2022 da aprobación en Asemblea do 23.10.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 23.6.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 740 do COETF de Galicia. As emendas realizadas producen a modificación desta.
Informe de validación gráfica catastral con CSV: 3CQ0WWD6S1JDGWGE.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 2.107 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto P02 – x: 524.563,11 y: 4.703.301,93
Punto P03 – x: 524.484,24 y: 4.703.359,92
Punto P04 – x: 524.429,08 y: 4.703.461,96
Punto P05 – x: 524.401,20 y: 4.703.511,59
Punto P06 – x: 524.338,68 y: 4.703.642,53
Punto P07 – x: 524.275,70 y: 4.703.773,14
Punto P08 – x: 524.142,54 y: 4.704.055,75
Punto P09 – x: 523.971,95 y: 4.704.416,26
Punto P10 – x: 523.890,45 y: 4.704.634,20
Punto P11 – x: 523.857,54 y: 4.704.730,62
Punto P12 – x: 523.838,89 y: 4.704.787,46
Punto P13 – x: 523.731,15 y: 4.705.000,85
Punto P14 – x: 523.662,47 y: 4.705.153,07
Punto P15 – x: 523.641,19 y: 4.705.170,03
Punto P16 – x: 523.590,68 y: 4.705.285,92
No traballo de gabinete establécense dous puntos de deslindamento secundarios para respectar o dominio público hidráulico (PS01, PS02), polo que neste tramo non existen lindes entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente).
Punto PS01 – x: 523.630,76 y: 4.705.193,96
Punto PS02 – x: 523.623,41 y: 4.705.210,83
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC, detéctase que existen lindes entre ambas.
As comunidades xustifican os seus lindes do seguinte xeito:
– A liña de deslindamento transcorre pola devase, que é o límite físico entre os dous montes veciñais, polo que en ningún dos tramos invade as propiedades particulares. A liña de deslindamento discorre na súa maior parte polas parcelas con referencia catastral 36028A121090010000DE, 36028A072090030000RO e 36028A073090010000RY que se corresponde coa propia devasa. As comunidades recoñecen que a ambos lados da dita devasa o monte é de propiedade comunal e as respectivas comunidades son as responsables do seu mantemento ao tratarse dunha infraestruturas de prevención de incendios forestais.
– No tramo entre o punto P12-P13 o deslindamento transcorre sobre as parcelas de titularidade catastral particular 36028A07200635 e 36028A07200638. Este dato catastral non se axusta á realidade, xa que nese punto non existen propiedades particulares, atópanse máis ao oeste da devasa.
– O punto P10 non está sobre a parcela con titularidade particular 36028A07200698, o muro da dita propiedade está xusto no punto onde se tomou o punto.
O deslindamento está formado por tres tramos:
Tramo 1: desde o punto P02 ata o punto P10.
Tramo 2: desde o punto P11 ata o punto PS01.
Tramo 3: desde o punto PS02 ata o punto P16.
O punto P02 é coincidente co punto P01 do expediente DC22064 (deslindamento entre a CMVMC de Nogueira (San Vicente) e a CMVMC de Poio (San Xoán) e converxen: a CMVMC de Nogueira (San Vicente), a CMVMC de San Salvador e a CMVMC de Poio (San Xoán).
A liña do deslindamento respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Meis e Poio.
A liña do deslindamento produce as seguintes modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación:
– CMVMC Nogueira (San Vicente): presenta un axuste desde o punto P02 coincidente co deslindamento DC22064 e desde o punto P16 presenta un axuste co resto das propiedades particulares ata chegar co P17 do deslindamento DC22066 (deslindamento entre a CMVMC de Nogueira (San Vicente) e a CMVMC de Nogueira (Santo Tomé).
– A CMVMC de San Salvador presenta un axuste desde o punto inicial (P02) e desde o punto final (P16) para pechar a liña de deslindamento co resto do esbozo.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Nogueira (San Vicente) e a CMVMC de San Salvador, ambas no concello de Meis, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 21 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra
