O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de San Vicente de Nogueira (Meis) e San Xoán de Poio (Poio) con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 28.9.2022, o presidente da CMVMC de San Vicente de Nogueira presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de San Vicente de Nogueira (Meis) e a CMVMC de San Xoán de Poio (Poio).
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslinde son:
– MVMC Castrove, Rías, Caeiro, Andeón e Seara (ID Monte: 2828) da CMVMC de San Vicente de Nogueira.
– MVMC de San Xoán de Poio (ID Monte: 3003) da CMVMC de San Xoán de Poio.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
• Acta do deslindamento o 28.9.2022.
• Acta de conciliación 1/2023 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Poio do 24.2.2023.
• Certificado do secretario da CMVMC de San Vicente de Nogueira coa conformidade do presidente do 27.2.2023 da aprobación en Asemblea Xeral do 23.12.2022.
• Certificado do secretario da CMVMC de Poio coa conformidade do presidente do 30.11.2022 da aprobación en Asemblea Xeral do 27.11.2022.
• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 17.12.2024 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 240 do COETF de Galicia.
Informe de validación gráfica catastral con CSV: HKC32TXZ2VJF5TCW e 04FQ6WD8YS22M8Y5.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 218 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto P01 – x: 524.563,11 y: 4.703.301,93
Punto P02 – x: 524.853,75 y: 4.703.171,91
O deslindamento está formado por un único tramo. O punto P01 é coincidente co punto P02 do expediente DC22065 (deslindamento entre a CMVMC de San Vicente de Nogueira e a CMVMC de San Salvador), neste punto converxen a CMVMC de San Vicente de Nogueira, a CMVMC de San Salvador e a CMVMC de San Xoán de Poio.
O punto P02 é coincidente co punto P01 do expediente DC22066 (deslindamento entre a CMVMC de San Vicente de Nogueira e a CMVMC de Santo Tomé de Nogueira) e do punto 03 do expediente DC22067 (deslindamento entre a CMVMC de Santo Tomé de Nogueira e a CMVMC de San Xoán de Poio), neste punto converxen a CMVMC de San Vicente de Nogueira, a CMVMC de Santo Tomé e CMVMC de San Xoán de Poio.
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambas. A liña do deslindamento non é coincidente coa do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Meis e Poio.
A liña do deslindamento produce as seguintes modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación:
– A CMVMC de San Vicente de Nogueira presenta un axuste desde o punto inicial 01 coincidente co deslindamento DC22065 e un axuste desde o punto final 02 coincidente co deslindamento DC22066.
– A CMVMC de San Xoán de Poio presenta un axuste desde o punto inicial P01 para pechar a liña de deslindamento coa cartografía existente. E desde o punto final P02 presenta un axuste que é coincidente co deslindamento DC22067.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de San Vicente de Nogueira (Meis) e a CMVMC de San Xoán de Poio (Poio) nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 21 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial
de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
