O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 26.3.2025, aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Busto, Valboa e Vilar e Silván (Meis) con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da CMVMC de Busto, Valboa e Vilar, presenta unha solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Busto, Valboa e Vilar e a CMVMC de Silván, ambas do concello de Meis.
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Chan da Fonte e outros (ID:2831) da CMVMC de Busto, Valboa e Vilar.
– MVMC de Silván (ID:2824) da CMVMC de Silván.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia:
– Acta do apeo do deslindamento do 20.9.2022.
– Acta de conciliación número 4/2022 entre ambas as comunidades no Xulgado de Paz de Meis do 15.12.2022.
– Certificado do 13.10.2022 do secretario da CMVMC de Busto, Valboa e Vilar coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 28.10.2022.
– Certificado do 28.10.2022 do secretario da CMVMC de Silván coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 13.10.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 23.5.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 740 do COETF de Galicia.
– Informes de validación gráfica catastral con CSV: GMK0434PV42Y2ZKA.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 403 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto P.01 – x: 523.216,04 y: 4.701.209,01
Punto P.02 – x: 522.933,88 y: 4.701.428,32
Punto P.03 – x: 522.910,12 y: 4.701.466,98
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC, detéctase que existen lindes entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.
O punto P.01 é coincidente co punto P.07 do expediente DC22061 (deslindamento entre a CMVMC de Busto, Valboa e Vilar e a CMVMC de Poio (San Xoán), polo que no dito punto converxen a CMVMC de Busto, Valboa e Vilar, a CMVMC de San Xoán Poio e a CMVMC de Silván.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Busto, Valboa e Vilar: presentan un axuste desde o punto P01 que pecha a liña de deslindamento co esbozo a través do expediente DC22061 e outro axuste desde e o punto P.03 para que o deslindamento sexa coincidente no punto final coa planimetría existente.
– CMVMC de Silván: o Servizo de Montes realiza un axuste con base no axuste presentado pola comunidade para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final coa planimetría existente.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará unha resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Busto, Valboa e Vilar e a CMVMC de Silván, ambas no concello de Meis, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 21 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra
