O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 26.3.2025, aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Busto, Valboa e Vilar (Meis) e Combarro (Poio) con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da CMVMC de Busto, Valboa e Vilar presenta unha solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Busto, Valboa e Vilar (Meis) e a CMVMC de Combarro (Poio).
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC do Combarro (ID Monte: 2999) da CMVMC de Combarro.
– MVMC de Chan da Fonte e outros (ID Monte: 2831) da CMVMC de Busto, Valboa e Vilar.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia:
– Acta do deslindamento o 30.8.2023.
– Acta de conciliación 6/2023 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Poio do 6.10.2023.
– Certificado do secretario da CMVMC de Busto, Valboa e Vilar coa conformidade do presidente do 14.8.2024 da aprobación en Asemblea do 8.10.2022.
– Certificado do secretario da CMVMC de Combarro coa conformidade do presidente do 4.8.2024 da aprobación en Asemblea do 25.2.2023.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 27.9.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 740 do COETF de Galicia. As emendas realizadas producen a modificación desta.
Informe de validación gráfica catastral con CSV:
7JN5TSECG0TY0XD4 e QM10N1CT57EN2DQX.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 461 metros (está formada por un tramo) e está composta polos seguintes puntos:
Punto P.01 – x: 522.272,63 y: 4.699.469,46
Punto P.02 – x: 522.182,88 y: 4.699.363,72
Punto P.03 – x: 522.005,16 y: 4.699.094,95
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC, detéctase que existen lindes entre ambas.
A liña de deslindamento respecta o deslindamento 189/2007-T, transacción xudicial de mutuo acordo entre as CMVMC de Combarro e a CMVMC de Tarrío, polo que se establece a liña de deslindamento entre ambas as dúas CMVMC.
A liña do deslindamento non respecta exactamente a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Meis e Poio.
A liña do deslindamento produce unha modificación na cartografía dos esbozos de clasificación. Polo que ambas as comunidades realizan un axuste para pechar o punto inicial co expediente DC22061 (deslindamento entre a CMCMC Busto, Valboa e Vilar e CMVMC de Poio (San Xoán). Desde o punto final o Servizo de Montes realiza de oficio unha modificación do axuste presentado pola CMVMC de Busto, Valboa e Vilar, tendo en conta a cartografía existente e unha modificación do axuste presentado pola CMVM de Combarro para respectar o deslindamento 189/2007-T.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Busto, Valboa e Vilar (Meis) e a CMVMC de Combarro (Poio), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 21 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra
