DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2025 Páx. 32761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de maio de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución aprobatoria do deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Busto, Valvoa e Vilar (Meis) e San Xoán de Poio (Poio) (expediente DC22061).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Busto, Valvoa e Vilar (Meis) e San Xoán de Poio (Poio) con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 28.9.2022, o presidente da CMVMC de Busto, Valvoa e Vilar presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Busto, Valvoa e Vilar (Meis) e a CMVMC de San Xoán de Poio (Poio).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Chan da Fonte e outros (ID: 2831) da CMVMC de Busto, Valvoa e Vilar.

– MVMC de San Xoán de Poio (ID: 3003) da CMVMC de San Xoán de Poio.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

• Acta do apeo do deslindamento do 26.9.2022.

• Acta de conciliación núm. 7/2023 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Poio do 6.10.2023.

• Certificado do 13.10.2022 da secretaria da CMVMC de Busto, Valvoa e Vilar coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 8.10.2022.

• Certificado do 30.11.2022 da secretaria da CMVMC de San Xoán de Poio coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 27.11.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 27.9.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 740 do COETF de Galicia. A emenda posterior produce a modificación dela.

• Informes de validación gráfica catastral con CSV: GMK0434PV42Y2ZKA (inclúe o deslindamento DC22063), NGQ6F0M1ECR60F5F, 4GZN41NMD7KFRZHF e S87HQMZFJ30XV3YK.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.555 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto P01 – x: 522.423,37 y: 4.699.908,89

Punto P02 – x: 522.489,54 y: 4.700.319,62

Punto P03 – x: 522.560,38 y: 4.700.517,77

Punto P04 – x: 522.809,83 y: 4.700.764,72

Punto PS05 – x: 522.931,58 y: 4.700.880,17

Punto PS06 – x: 522.942,26 y: 4.700.890,29

Punto P05 – x: 523.180,81 y: 4.701.116,49

Punto P06 – x: 523.217,20 y: 4.701.186,54

Punto P07 – x: 523.216,04 y: 4.701.209,01

No traballo de gabinete establécense seis puntos de deslindamento secundarios para respectar o dominio público da estrada (PS1, PS2, PS3, PS4, PS5, PS6), polo que nestes tramos non existe colindancia entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente).

Punto PS01 – x: 522.463,77 y: 4.700.157,16

Punto PS02 – x: 522.465,11 y: 4.700.165,55

Punto PS03 – x: 522.567,33 y: 4.700.524,65

Punto PS04 – x: 522.575,99 y: 4.700.533,22

Punto PS05 – x: 522.931,58 y: 4.700.880,17

Punto PS06 – x: 522.942,26 y: 4.700.890,29

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.

O deslindamento está formado por catro tramos:

Tramo 1: punto P01- punto PS01

Tramo 2: punto PS02 – punto P02 – punto P03 e punto PS03

Tramo 3: punto PS04 – punto P04 – punto PS05

Tramo 4: punto PS06 – punto P05 – punto P06 e punto P07

O punto P07 é coincidente co punto P01 do expediente DC22063 (deslindamento entre a CMVMC de Busto, Valvoa e Vilar e a CMVMC de Silván), polo que no dito punto converxen a CMVMC de Busto, Valvoa e Vilar, a CMVMC de San Xoán de Poio e a CMVMC de Silván.

A liña do deslindamento non respecta a liña de concellos do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Meis e Poio. O deslindamento establécese mediante acordo das comunidades implicadas no deslindamento.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Busto, Valvoa e Vilar:

No punto P01 realiza un axuste para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial co expediente DC22062 (deslindamento entre a CMVMC de Busto, Valvoa e Vilar e a CMVMC de Combarro).

No punto P07 realiza un axuste para que o deslindamento sexa coincidente no punto final co expediente DC22063 (deslindamento entre a CMVMC de Busto, Valvoa e Vilar e a CMVMC de Silván).

– CMVMC de San Xoán de Poio:

No punto P01 axústase ao deslindamento parcial dos MVMC das parroquias de Combarro e San Xoán de Poio, pertencentes as comunidades do mesmo nome no concello de Poio (DOG núm. 196, do 7 de outubro de 2004).

No punto P07 realiza un axuste para que o deslindamento sexa coincidente no punto final coa planimetría existente.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.

Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

A vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Busto, Valvoa e Vilar no concello de Meis e a CMVMC de San Xoán de Poio no concello de Poio, nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigo 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 21 de maio de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra