O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 26.3.2025, aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) da Lama (A Lama) e Caritel-Forzáns (Ponte Caldelas) con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da CMVMC da Lama presenta unha solicitude de deslindamento entre a CMVMC da Lama no concello da Lama e a CMVMC de Caritel-Forzáns no concello de Ponte Caldelas.
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC da Lama (ID:2814) da CMVMC da Lama.
– MVMC de Caritel (ID:3046) da CMVMC de Caritel-Forzáns.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 15.9.2022.
– Acta de conciliación número 03/2023 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Ponte Caldelas do 7.2.2023.
– Certificado do 5.4.2024 da secretaria da CMVMC da Lama coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 15.10.2022.
– Certificado do 5.4.2024 da secretaria da CMVMC de Caritel-Forzáns coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 15.10.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 25.5.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 740 do COETF de Galicia, as emendas posteriores producen a modificación desta.
Informes de validación gráfica catastral con CSV:
K2ZAJVJMAJ0YD1QJ e ZFN3ZDFHC0BBJ9KH (inclúe os deslindamentos DC22060 e DC22058).
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 848 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto 00 – x: 546.097,84 y: 4.692.388,97
Punto 01 – x: 545.984,38 y: 4.692.427,12
Punto 02 – x: 545.565,18 y: 4.692.574,90
Punto 03 – x: 545.282,05 y: 4.692.636,42
No traballo de gabinete establécense dous puntos de deslindamento secundarios para respectar o dominio público do hidráulico (A, B). Polo que, neste tramo non existe colindancia entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente).
Punto A – x: 545.300,24 y: 4.692.632,47
Punto B – x: 545.294,70 y: 4.692.633,67
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC, detéctase que existen lindes entre ambos, a excepción dun tramo ao norte do deslindamento por parte da CMVMC de Caritel-Forzáns. Quedan xustificados os lindes neste tramo pola titularidade catastral. Considérase que o deslindamento non afecta terceiros propietarios.
O deslindamento está formada por dous tramos:
Tramo 1: do punto 00 o punto A.
Tramo 2: do punto B o punto 03.
O punto 00 é coincidente co punto 6 do expediente DC22058 (deslindamento entre a CMVMC da Lama e a CMVMC de Gaxate). Neste punto converxen a CMVMC da Lama, a CMVMC de Caritel-Forzáns e a CMVMC de Gaxate.
A liña do deslindamento axústase case na súa totalidade á liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos da Lama e Ponte Caldelas.
A liña do deslindamento produce as seguintes modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación:
– CMVMC de Caritel-Forzáns: presenta un axuste para pechar a liña do deslindamento no punto inicial e final coa cartografía existente.
– CMVMC da Lama: o punto inicial 00 coincide co deslindamento DC22058 e o punto final axústase segundo o catastro co resto do esbozo.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará unha resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC da Lama no concello da Lama e a CMVMC de Caritel-Forzáns no concello de Ponte Caldelas, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 21 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra
