DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2025 Páx. 32769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de maio de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución que aproba o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Lama e Gaxate (A Lama) (expediente DC22058).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 26.3.2025, aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) da Lama e Gaxate (A Lama), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da CMVMC da Lama presenta unha solicitude de deslindamento entre a CMVMC da Lama e a CMVMC de Gaxate, ambas no concello da Lama.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC da Lama (ID:2814) da CMVMC da Lama.

– MVMC de Gaxate (ID:2813) da CMVMC de Gaxate.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

• Acta do apeo do deslindamento do 21.9.2022.

• Acta de conciliación número 3 entre as comunidades no Xulgado de Paz da Lama do 15.2.2023.

• Certificado do 5.4.2024 do secretario da CMVMC da Lama coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 15.10.2022.

• Certificado do 8.4.2024 da secretaria da CMVMC de Gaxate coa conformidade do presidente da aprobación en Asemblea Xeral do 20.11.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e a cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 25.5.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 740 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia.

Informes de validación gráfica catastral con CSV: ZFN3ZDFHC0BBJ9KH inclúe o deslindamento DC22060 e DC22058.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.154 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 02 – x: 546.425,39 y: 4.692.883,68

Punto 03 – x: 546.293,16 y: 4.692.739,27

Punto 04 – x: 546.224,48 y: 4.69.2608,34

Punto 05 – x: 546.173,69 y: 4.692.440,71

Punto 06 – x: 546.097,84 y: 4.692.388,97

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC, detéctase que existen lindes entre ambos e considérase que o deslindamento non afecta terceiros propietarios.

Na solicitude inicial as comunidades inician o deslindamento no punto 01 (x: 546.766,96; y: 469.3438,56). De oficio o Servizo de Montes recúa a liña de deslindamento ata o punto onde converxen a Avinza 03/2008 entre a CMVMC de Xende e a CMVMC de Gaxate e a Avinza 16/2010 entre a CMVMC da Lama e a CMVMC de Xende. O dito punto é xerado en gabinete e considerado un punto secundario denominado PS1 (x: 546.600,43 y: 4.693.381,38).

O deslindamento está formada por un único tramo, que se inicia no punto PS1 e continúa a traxectoria da pista forestal ata o punto 03 e remata no punto 06 (considerado na memoria técnica o punto de inflexión da liña do Instituto Xeográfico Nacional (en diante, IXN) entre os concellos da Lama e Ponte Caldelas.

O punto 06 é coincidente co punto 00 do expediente DC22060 (deslindamento entre a CMVMC da Lama e a CMVMC de Caritel-Forzáns) e no que converxen o monte veciñal da CMVMC da Lama, a CMVMC de Caritel-Forzáns e a CMVMC de Gaxate.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC da Lama: realizase o axuste do punto inicial PS1 calculado de oficio e o punto final 06 para enlazar co resto do esbozo.

– CMVMC de Gaxate: a comunidade presenta un axuste tomando de referencia a cartografía catastral.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón que o Xurado aprobe o deslindamento segundo a liña presentada.

Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará unha resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC da Lama e a CMVMC de Gaxate, ambas no concello da Lama, nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 21 de maio de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra