DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2025 Páx. 32788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 22 de maio de 2025, de emprazamento para o trámite de audiencia do recurso de reposición interposto no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/94/2021-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para o trámite de audiencia á persoa interesada con documento nacional de identidade número 45149371A, en el recurso de reposición interposto no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/94/2021-RP1.

O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2025

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística